Desde o CLUB BALONMÁN SEIS DO NADAL – COIA
Queremos felicitarvos a tod@s @s soci@s, deportistas, nais e pais polo esforzo realizado no confinamento e invitarvos a que continuedes cumprindo rigorosamente as medidas de distanciamento social a fin de protexer os nosos seres queridos máis vulnerables.
BOTÁMOSVOS DE MENOS!
E botamos de menos o noso deporte, a nosa competición e aos nosos rivais!
Desde a Directiva comunicámosvos que seguimos traballando e reuníndonos telematicamente para adaptarnos á nova situación e ás medidas que as autoridades ordenen ou propoñan.
Queremos dar as GRAZAS e amosar o noso apoio tamén a todas aquelas persoas que loitan contra a pandemia en primeira liña: traballadores da saúde, persoal de limpeza, de tendas e supermercados, transportistas, traballadores veterinarios, forzas de seguridade e todas aquelas persoas que se están a expoñer día tras día nesta crise.
#EUQUEDONACASA
#EUSONSEDONA
#FORZASEDONA