Gústanche o balonmán ou o deporte? Queres que a tía filla o fillo disfrute dunha semana incrible? Temos a solución.
Este ano dende o Club Balonmán Seis do Nadal – Coia creamos o 1º Campus de Balonmán Seis do Nadal para que nenas e nenos nacidos entre 2007 e 2014 poidan disfrutar dun verán divertido e único. Realizaranse adestramentos de balonmán, tecnificacións, actividades de lecer, tempo libre e estilo de vida saudable. Haberán moitas sorpresas e visitas especiais.
As e os participantes non teñen por que saber xogar a balonmán, só precisan ter ganar de pasalo ben facendo deporte.
Datas: do 28 de xuño ao 2 de xullo de 2021
Horario: de 9h a 14h. Haberá servizo de acollida a partir das 8h
Localización: C.E.I.P. Seis do Nadal
Prezo: 90€. O servizo de acollida ten un custe de 10€ adicionais
Bonificacións:
- Prezo de 85€ para socias/os
- Prezo de 80€ para familias numerosas
- Prezo de 75€ para familias con algún membro cun 33% ou máis de discapacidade
- Desconto de 5€ por irmán/á inscrito/a neste Campus
Preme aquí para encher o formulario de inscrición.
Esperamos verte no Campus!