ASUNTO: REDUCIÓN DA PARTICIPACIÓN DA LOTARÍA EN TODOS OS BOLETOS VENDIDOS POLO “CLUB BALONMÁN SEIS DO NADAL – COIA”
FEITOS: O club encargou 12.000 € de lotaría do número 61.283 ás administracións de confianza, repartidos en 7.000 € na Administración “A” e 5.000 € na Administración “B”, como se realizara nos últimos anos.
O día 16 de decembro, ao tentar regularizar os pagos da lotaría, a Administración “B” infórmanos vía telefónica que non ten no seu poder a lotaría comprometida.
Entre as dúas administracións de lotaría non se puxeran de acordo para compartir os décimos que lle foran asignados á Administración “A” no reparto que “Loterías y apuestas del Estado” fai cada ano. Á Administración “A” outorgáronlle 18.000 € dese número, cantidade suficiente para nutrir ao club da lotaría necesaria e pactada.
Este desacordo provocou que a Administración “B” non puido facilitarnos os 5.000 € aos que se comprometeu verbalmente, pero NINGUNHA das dúas administracións púxose en contacto co club ADECUADAMENTE para avisarnos do problema.
Seguidamente, a directiva do club puxo todos os seus esforzos en solucionar o problema chamando ás administracións de España que tiñan dito número a tamén a algunhas entidades deportivas que o venden á súa masa social, sen poder conseguir ningún décimo adicional. Intentouse recuperar o número suficiente de participación non vendidas es aquelas que tiñan en posesión coñecidos e familiares da directiva.
Tras unha intensa e infrutuosa busca de solución, a Directiva do Club Balonmán Seis do Nadal – Coia, vese obrigada a tomar as seguintes decisións:
- Reducir en un euro (1€) o importe a xogar en cada participación do número 61.283. Serán só 3€ en vez dos 4€ iniciais.
- Procederase á devolución íntegra do importe non xogado (1€ por participación) a todas as persoas que o soliciten nas oficinas do club, ata 3 meses despois do sorteo, no horario habitual da mesma. Será indispensable presentar o correspondente boleto.
- Do mesmo xeito, quen non estea de acordo con esa proposta, pode recuperar o 100% da súa participación devolvendo o boleto nas oficinas do club no pavillón do C.E.I.P. Seis do Nadal, na rúa Ponteareas (fronte á entrada principal do Centro de Saúde de Coia) os días 20 e 21 de decembro de 2021 en horario de 9:00 h a 14:30 h e de 16:30 h a 22:00 h.
Pedimos disculpas a todas as persoas afectadas por esta circunstancia. Desde o club facemos autocrítica e tomaremos as medidas oportunas evitar que se repita una situación semellante.
A Directiva do Club Balonmán Seis do Nadal – Coia