O Seis do Nadal Coia xoga este sábado, ás 18.30 horas no pavillón Municipal de Carballal, o partido correspondente á oitava xornada de liga. O derbi vigués enfronta a dous equipos separados por unha vitoria. A A.D. Carballal é sétima con sete puntos mentres que as de Coia chegan ao partido situadas coa novena praza logo de encadear dúas derrotas seguidas ante equipos da parte alta da táboa. Aínda, así, o adestrador do Seis do Nadal amósase optimista sobre as opcións de sumar algo positivo nese encontro. “Un derbi sempre é un partido diferente. Chegamos nun bo momento de xogo a pesar das últimas derrotas e, a diferenza do partido de pretemporada, contamos cun plantel moito máis adaptado aos mecanismos de defensa e ataque que introducimos este ano. Esperamos un partido moi igualado e para decantalo ao noso favor, tentaremos aproveitar os seus momentos débiles”, asegura Iago Rivas.
Compartir este artículo: