Temos a ledicia de anunciar que o centro KUMON Vigo – As Travesas, incorpórase este ano como un dos sponsors do Club Balonmán Seis do Nadal – Coia. Nadal. KUMON patrocinará un dos equipos benxamíns do club e ofrece a todas as familias do Seis do Nadal a posibilidade de coñecer o seu método de xeito directo, gratuíto e sen compromiso.
KUMON é un sistema integral de aprendizaxe con 60 anos de historia, presenza en máis de 50 países e 5 millóns de estudantes no mundo. A través das matemáticas, a lectura e o inglés, proporciona ás e aos estudantes habilidades e hábitos que serán esenciais ao longo da súa vida.
É un método individualizado que se adapta ás particularidades de cada alumna e alumno e permítelles desenvolver plenamente o seu potencial de aprendizaxe, ademais de aumentar a concentración e inculcar un hábito de estudo. O noso obxectivo é que o alumnado aborde canto antes contido por riba do seu nivel escolar e desenvolver así autonomía e comportamento autodidacta que lles permita aprender por si mesmos con seguridade e confianza.
O centro KUMON Vigo – As Travesas leva máis de 15 anos na cidade e traballan nel actualmente 300 estudantes.
Con motivo do inicio do curso, KUMON Vigo – As Travesas ofrece de xeito gratuíto un período de proba de 15 días sen compromiso de inscrición. Ademais, todos os membros do Club Balonmán Seis do Nadal que decidan formalizar a inscrición despois da proba gratuíta de 15 días, terán unha bonificación do 50% na inscrición en calquera dos programas do centro KUMON Vigo – As Travesas.
Podedes reservar unha cita no 986238872 ou visitar o centro na Avenida Florida 107. Nesa primeira entrevista faremos unha valoración da situación de aprendizaxe da alumna ou alumno de xeito totalmente gratuíto.

