“O partido deste domingo afrontámolo coa necesidade e o convencemento de retornar á senda das vitorias” Así de claro móstrase o adestrador do Seis do Nadal Coia ante a visita do Bm. Palencia Turismo. E é que o equipo castelá é un rival directo das viguesas no seu obxectivo de non pasar apuros esta tempada. Ademais chega a Coia logo de sumar tan só dous puntos no que vai de liga. O Seis do Nadal Coia conseguíu tres máis, pero non gaña desde fai tres xornadas de aí a importancia do choque. Unha vitoria permitiralle abrir xa unha importante fenda co Bm. Palencia Turismo; unha derrota meteríalle de cheo na pelexa da parte baixa da táboa.
O partido enfronta, por tanto, a dous equipos necesitados. “Será un encontro moi duro no que, se non conseguimos impor a nosa mellor defensa e transicións moi rápidas, pasarémolo mal para quedarnos a vitoria”, asegura Iago Rivas.
O técnico vigués ten á súa disposición a todas as xogadoras aínda que algunha arrastra pequenas molestias físicas.
A cita é ás 12.30 horas, deste domingo, no Pavillón de Coia.