O Seis do Nadal Coia viaxa a terras asturianas coa necesidade de pór fin á mala serie de resultados. O partido ante o Balonmano Gijón é unha nova final no seu obxectivo de escapar da zona baixa da clasificación, posto que as viguesas son antepenúltimas pero a tan só un punto do seu rival. Por iso, o equipo tratou de facer borrón e conta nova logo da derrota encaixada ante o Bm. Palencia Turismo.
“Despois do golpe duro da semana pasada, toca levantarse, non se poden pór máis escusas. Viaxamos a Gijón a enfrontarnos a un rival que non está a pasar polos seus mellores momentos de resultados e temos que aproveitalo. Pero como sempre necesitamos estar ao 100% concentradas durante os 60 minutos do partido para tentar levarnos os dous puntos”, advirte o adestrador vigués Iago Rivas.
Ana Brandao causará baixa para este partido que se xogará o domingo ás 12 horas.