Temos o orgullo de anunciar que NUTRENDO – CENTRO MEDICO NUTRICIONAL será este ano unha das entidades patrocinadoras do Club Balonmán Seis do Nadal.
NUTRENDO é un Centro Médico Nutricional fundado no 2012 en Vigo, dedicado ao tratamento nutricional de todo tipo de patoloxías, e especialmente á prevención e tratamento da obesidade, tanto en adultos coma en nenos.
Para iso, empregan un método que mellorou a saúde de centos de persoas nos últimos anos, “The Nutrendo Method”, un tratamento multidisciplinario que combina dieta personalizada mediterránea, adestramento nutricional e exercicio físico.
Nos casos nos que se precisa, como en adultos con obesidade grave, contan cunha unidade de obesidade específica para tratamentos endoscópicos e cirúrxicos, como globos intragástricos e cirurxía bariátrica.
Por outra banda, NUTRENDO imparte charlas e obradoiros para a difusión de hábitos saudables, e a educación nutricional dos máis pequenos, nas escolas e diferentes institucións.
A obesidade infantil é un problema de saúde cada vez máis importante a nivel mundial, sendo Galicia unha das comunidades autónomas con maior prevalencia desta enfermidade en España. Por este motivo NUTRENDO considera fundamental apoiar proxectos que promovan hábitos de vida saudables, como actividades deportivas en todas as etapas da vida.
NUTRENDO ofrece aos pais e xogadores do club, avaliacións nutricionais gratuítas ao longo do ano, así como descontos de ata o 20% en todos os seus plans, tanto familiares como individuais.
Podedes contactalos en:
Rúa San Salvador, 2. 36204 – VIGO
Teléfonos: 986 414 745 / 986 417 004
E-mail: citas@nutrendo.es / consultas@nutrendo.es
Vémonos no seguinte xogo!

