O CLUBE

O proxecto deportivo nace en Coia no ano 1983 no ámbito do Colexio “Seis Do Nadal”. O barrio ten uns 45.000 habitantes co índice de poboación máis xoven de Vigo e de Galicia.
O ANPA do colexio crea a Agrupación Deportiva para organizar a participación deportiva lúdica i educativa en base a unha formación integral donde se fomenta a convivencia e o traballo e pouco a pouco as actividades deportivas se van convertindo nun proxecto de barrio que incorpora a todolos deportistas que queiran pertenecer a él. Neste momento fórmano arredor de 900 deportistas integrados nos Clubs de balonmán, de baloncesto e nas seccións de vólei, ximnasia, patinaxe, etc.
O C. Bm. Seis do Nadal – Coia é un club de formación que basa o seu proxecto no ámbito educativo. Os alumnos e as escolas de Coia así como as súas instalacións, coa colaboración do Concello de Vigo a través do Instituto Municipal dos Deportes, son os pilares fundamentáis do noso traballo.
Os alumnos participan nas ligas federadas i en outras ligas internas de colexios destinadas a introducir aos nenos nas prácticas deportivas coa colaboración de empresas que queiran participar no proxecto.
A sección de balonmán foi crecendo desde o ano 1983 dunha maneira cuantitativa e cualitativa, constituíndose en Club no ano 2003 e chegando a ser hoxe un clásico dentro do balonmán galego.
Comezando pola categoría benxamín, ao longo dos anos fóronse creando equipos a medida que os xogadores crecían, ata chegar a ter hoxe un ou varios equipos por categoría, sendo a máxima a de 1ª Estatal Masculina, división que se conseguíu na terceira oportunidade que se disputaba unha fase de ascenso, en Pola de Gordón (León 2010).
Na temporada 2006-07 creouse a Categoría feminina, na actualidade tamén conta con un equipo de 1ª División de Honra de Prata, tamén na terceira oportunidade (Palencia 2013) e nas demáis categorías de base desde infantil a xuvenil.
Os  logros máis importantes do Club foron o ascenso a 1ª Estatal Masculina (2010), o ascenso a División de Honra de Prata (2013), o 3º posto Campionato de España xuvenil (2011), os  Campionatos Galegos da  Categoría Infantil (temporada 97, 99, 2007 e 2012), Cadete (2001), Xuvenil (2011), 7º posto Campionato de España infantil (99), subcampión galego xuvenil (2003), subcampión galego cadete (2009), campión de liga 1ª Autonómica  (2009) e campión da  Copa Galega de 1ª Autonómica (2003 e 2007), subcapión copa Galicia (2014) e múltiples campionatos provinciales nas categorías bases de benxamíns, alevíns, infantís e xuvenís. O club foi galardoado na temporada 2007-08 co premio á “Mellor Labor en Deporte Base” e “Premio Nacional á mellor iniciativa en deporte Escolar”.