O Magope Seis do Nadal Coia afronta este sábado o terceiro porto de montaña que lle deparou o calendario de competición no mes de outubro. Logo de caer derrotado ante Oviedo e Bm Lalín, os vigueses recibirán ao Calvo Xiria coa ilusión de poder puntuar ante un dos principais favoritos ao ascenso e rachar coa mala serie de resultados. Para facelo tentarán aproveitar o factor cancha. “Vai ser complicado facer fronte ao Xiria, xa que reforzou o bloque da pasada campaña con xogadores de calidade e experiencia na liga Asobal. Pero nós xogamos en casa, diante da nosa afección, así que estamos obrigados a dar a cara e ser competitivos”, asegura o adestrador do Sedona
Puntuar ante o Xiria permitiría ao Magope afrontar con máis tranquilidade os seus próximos compromisos ligueiros. “Tras este encontro entramos nunha fase onde nos enfrontaremos a equipos da nosa liga, así que a partir deste fin de semana acabaríasenos a marxe de tropezo. Sabedores diso, preparamos o partido incorporando algunha novidade táctica que poremos en marcha este sábado”, anuncia Pablo Blanco.
O Magope Seis do Nadal Coia vs. Calvo Xiria comezará ás 19 horas.