Balonmano Gijón 38-26 Seis do Nadal Coia. Con este resultado finalizou o partido que enfrontou a ambos os equipos con motivo da décima xornada da División de Honra Prata Feminina. Un resultado enganoso se se ten en conta o que sucedeu no partido. E é que o Seis do Nadal Coia sorprendeu de saída ao seu rival e até o minuto 20 conseguíu ir por diante no marcador. De aí ao descanso houbo intercambio de goles aínda que no treito final, o Balonmano Gijón adquiríu unha lixeira vantaxe (16-14).
Tras a continuación, o Seis do Nadal Coia mantívose no partido durante os dez primeiros minutos pero a partir de aí, empezou a errar en defensa, o adestrador tivo que botar man das rotacións, e o seu rival non o desaproveitou. “Atascámonos en ataque e en defensa non eramos capaces de paralas así que acabamos encaixando 22 goles”, lembraba o adestrador lago Rivas que laiábase da ocasión perdida para poder puntuar en Gijón. “Foi unha mágoa porque é un rival duro e forte pero non estaba a atravesar polo seu mellor momento e coido que cun pouco máis de saber estar e de enteireza na segunda metade seguramente lles dariamos unha sorpresa”.
A liga na División de Honra Prata Feminina para durante unha semana así que o técnico vigués aproveitará para recuperar física e animicamente ao seu equipo. “É un parón que nos vai a vir ben porque estamos nunha dinámica negativa e porque poderemos reforzar a parte física e traballar moitos aspectos, sobre todo en defensa”.
O Seis do Nadal Coia chega a ese parón situado no antepenúltimo posto da táboa con cinco puntos.