O Seis do Nadal Coia viaxa a Canarias para medirse ao Renault Juan Toledo Lanzarote con motivo da sexta xornada da División de Honra Prata Feminina. Partido complicado para o equipo vigués que deberá facer fronte a un dos rivais máis fortes da categoría sen Cova, a súa máxima goleadora. Ademais, Iago Rivas só poderá levar a trece xogadoras.
Iso fará que o Seis do Nadal Coia deba empregarse a fondo e teña que dar o mellor de si para poder plantar cara ao equipo canario. “Se non conseguimos correr e facer un bo contragolpe será un partido difícil”, recoñece o adestrador vigués Iago Rivas. “Lanzarote é un rival con moito lanzamento exterior. Tanto o lateral dereito como o esquerdo son capaces de lanzar con gran efectividade desde 9 metros e tamén xogan con pivote que é grande. Vánnolo a pór complicado en defensa así que teremos que axustar algunhas cousiñas”, asegura o técnico.
O partido xógase na matinal deste domingo.