A novena xornada de Primeira Estatal leva ao Magope Seis do Nadal Coia á Cañiza para enfrontarse a un equipo cunha traxectoria semellante. De feito, tan só dous puntos separan a ambos os equipos na clasificación. O Sedona é sexto con dez mentres que o Balonmán Saeplast suma oito puntos.
O Cañiza renovouse moito esta tempada. Cambiou de adestrador, a xogadores importantes do plantel e até estrearon un acordo de filialidade que lles dá profundidade de armario á hora de afrontar os partidos.
A pasada xornada caeu derrotado tamén en casa ante o Construciones Castro Lavadores así que recibirá aos vigueses con gañas de regresar al camiño do triunfo. Será un desprazamento complicado para o Magope Seis do Nadal Coia que, despois de dous triunfos seguidos, afronta este encontro coa intención de sumar os dous puntos para seguirlle a pista aos equipos de arriba e abrir unha fenda co grupo medio da táboa.
“Gañar partidos como Lalín, Xiria ou Oviedo pódeche facer dar un salto de nivel considerable, pero partidos como o de Cañiza son os que nos porían onde queremos. É con toda probabilidade un dos encontros máis importantes da tempada”, asegura o adestrador do Magope Seis do Nadal Coia, Pablo Blanco.
O Saeplast Bm. Cañiza vs. Magope Seis do Nadal Coia dispútase este sábado ás
18 horas no Pavillón Municipal da Cañiza.