Como lle sucedeu ante o Oviedo, o Magope Seis do Nadal Coia tampouco puido puntuar ante outro dos rivais máis duros da categoría. Caeu ante o Embutidos Lalinense Bm. Lalín por 32-26.
O partido comezou con dominio local, pero o Seis do Nadal non lle perdeu a cara e no minuto 13 igualaba o marcador a 5 goles conseguindo até 2 de vantaxe no 20. A partir de aí os locais reaccionaron e abriron unha fenda antes do descanso. Con todo, unha última imprecisión do Lalín permitíu aos de Coia irse aos vestiarios tan só dous goles abaixo (14-12).
Na segunda metade os locais puxeron unha marcha máis ao partido e comezaron a ampliar a vantaxe grazas a varios contraataques e ao xogo rápido. A dez minutos do final e con 8 goles de desvantaxe, o Sedona pedía tempo morto e arriscaba cunha defensa aberta e con posesións directas. Isto serviulle para achegarse até os 4 goles de diferenza e obrigar aos locais a pedir un tempo morto para conter esta reacción. Tras el, o Bm. Lalín conseguiu pechar o partido e levar a vitoria por 6 goles.
“Sabiamos que ía ser un encontro moi complicado. Tiñamos que manter a concentración e a competitividade os 60 minutos se queriamos sacar algo positivo xa que o Lalín aproveita calquera baixón para castigarche ao contraataque. Na segunda parte perdemos un pouco ese punto de concentración e fóronsenos. Quedo coa reacción do equipo osúltimos dez minutos e o feito de que plantamos cara a un dos favoritos durante moitos minutos. Seguimos sen atopar o noso punto óptimo, pero as sensacións foron moito mellores que a semana pasada. Agora recibimos ao Xiria en Coia e a formulación é a mesmo. Temos que estar moi ben para ter opcións, pero loitaremos por acadalo”, manifestaba o adestrador do Magope Seis do Nadal Coia ao final do choque.