A Directiva do Club Balonmán Seis do Nadal – Coia súmase ás indicacións e recomendacións do Consello Superior de Deporte, da Real Federación Española de Balonmano así como da Federación Galega de Balonmán que tomaron a decisión de suspender todas as competicións oficiais e amigables en todas as categorías, tanto profesionais como amateur e de base, como podes ler neste enlace.
Neste sentido e dende hoxe, 11 de marzo, quedan suspendidos os adestramentos en todas as categorías.
Mantémonos á espera de novas comunicacións por parte das autoridades competentes con respecto ao desenvolvemento do COVID-19 para poder continuar coas nosas actividades deportivas.
Vigo, 11 de marzo de 2020