Rúa Mondariz, 2, Vigo

Peña «O Trasno de Coia»


Ao comezo da tempada 2024/2025 tres rapaces, naquel entón xogadores e adestradores cun vínculo moi intenso co noos club, decidiron levar a cabo unha das inciativas máis importantes na historia recente da nosa entidade: a creación de un grupo de animación, a peña «O Trasno de Coia». Con esta iniciativa, Anxo Bastero, David Rodríguez «Patata» e Xoel Gil, ademais de todos aqueles que forman e participan activamente no grupo, crearon o que a día de hoxe funciona como núcleo social e de animación do noso club.

Anxo Bastero, Xoel Gil, Xabier Soutullo e David Rodríguez «Patata»

A idea xorde no final da tempada 2023/2024, nun ano con dúas «Final a 4» para os nosos equipos sénior, onde se deron conta que existía certa desconexión entre xogadores e xogadoras do club e os equipos sénior. Neses días lembraban con nostalxia aqueles anos nos que os máis pequenos do club pasaban as tardes no pavillón vendo xogar a compañeiros e maiores. Nestes eventos conseguían xuntar 10 ou 15 persoas dos equipos sénior para ir animar aos nosos, e xurdíu a idea de organizar dunha forma máis seria a animación do club, e intentar así voltar a encher Coia e recuperar esa conexión dos xogadores e xogadoras co Seis do Nadal.

Xabier Soutullo, xunto con outros rapaces da base no 2017

O nome provén dun alcume que Paloto ex-xogador do club e adestrador do club e actual segundo adestrador do primeiro equipo masculino lle deu no seu momento a un dos xogadores que forma parte da plantilla do primeiro equipo, Xabier Soutullo. Para moitos sempre foi un referente no Seis do Nadal, alén do seu papel como xogador. Lémbranse dos anos nos que era un cativo da base e era o primeiro en berrar dende a grada en cada un dos partidos do club, alentando aos nosos cada fin de semana no pavillón. O Trasno de Coia representa esa paixón que sentimos polo club e polas nosas cores.

Directiva da Peña co Tifo da fase de ascenso a 1ª Nacional Masculina
Desprazamento a Poio pola loita polo campionato de 1ª Autonómica Masculin 2024/2025

Abónate a Peña «O Trasno de Coia» xa!

INSCRICIÓN PEÑA O TRASNO DE COIA

E se xa eres socio, renova e faite co teu chaveiro oficial!

Podes facerte tamén cunha das camisetas da peña!