Desde o CLUB BALONMÁN SEIS DO NADAL – COIA Queremos felicitarvos a tod@s @s soci@s, deportistas, nais e pais polo esforzo realizado no confinamento e invitarvos a que continuedes cumprindo rigorosamente as medidas de distanciamento social a fin de protexer os nosos seres queridos máis vulnerables. BOTÁMOSVOS DE MENOS! E botamos de menos o noso…
As oficinas do Clube permanecerán pechadas
Perante as últimas medidas adoptadas polas autoridades autonómicas e estatais, queremos comunicar que as nosas oficinas permanecerán pechadas ata que rematen as restricións de movemento, acatando así o confinamento nos nosos fogares. Continuamos a traballar por medios electrónicos, polo que calquera consulta, dúbida ou similar será respostada no menor prazo posible. Desculpade as molestias que…
Suspensión de adestramentos
A Directiva do Club Balonmán Seis do Nadal – Coia súmase ás indicacións e recomendacións do Consello Superior de Deporte, da Real Federación Española de Balonmano así como da Federación Galega de Balonmán que tomaron a decisión de suspender todas as competicións oficiais e amigables en todas as categorías, tanto profesionais como amateur e de…
Carnet siareiros tempada 19-20
Xa tes o teu carnet de Siareiro da tempada 2019-2020?. Pasa pola oficina do club, no CEIP Seis do Nadal e che explicamos como obtelo. Mira as vantaxes que podes obter por subscribirte ao programa Siareiros, da Fundación VIDE, neste enlace.
NUTRENDO únese a familia do Seis do Nadal como patrocinador
Temos o orgullo de anunciar que NUTRENDO – CENTRO MEDICO NUTRICIONAL será este ano unha das entidades patrocinadoras do Club Balonmán Seis do Nadal. NUTRENDO é un Centro Médico Nutricional fundado no 2012 en Vigo, dedicado ao tratamento nutricional de todo tipo de patoloxías, e especialmente á prevención e tratamento da obesidade, tanto en adultos…
Contido Multimedia
Balonmán Seis do Nadal en Instagram
Síguenos na nosa canle de instagram para estar ó día da nosa actualidade e para ver as fotos que os nosos xogadores queren compartir con vos.