Rúa Mondariz, 2, Vigo

AFICION


0
Categorías: Uncategorized

🚨FINAL4: 1ª AUTONÓMICA MASCULINA ‼

Queda soamente un día para que comece unha das citas máis esperadas da tempada. A Final 4 de 1ª Autonómica Masculina.

Os nosos rapaces buscarán repetir a vitoria conseguida na edición do ano pasado, e acadar así unha praza para a fase de ascenso a 1a Nacional.

👉🏽 Mañá sábado, as 10:30, disputarán a primeira semifinal contra a SAR, un duro rival que de seguro porá en grandes dificultades aos nosos.

Ánimo rapaces! Estamos con vós ‼