Rúa Mondariz, 2, Vigo

Afición


Ola a toda a familia do Seis do nadal! Esta fin de semana xogaremos a final four para acadar o ascenso á máxima categoría do balonmán galego. Os encontros celebraranse en Bueu, polo que necesitamos que acompañedes o noso equipo nesta cita tan importante e tan especial para nós. Agardámosvos na semifinal o sábado ás 12:30 da tarde en Bueu, no pavillón Pablo Herbello; para que sexades a nosa oitava xogadora. As entradas mércanse na billeteira do pavillón Pablo Herbello no mesmo día do partido. Teredes a opción de comprar unha entrada para o partido ou todo o bono para a fin de semana completa. VÉMONOS ALI, NON FALTEDES! 🩵